Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, obradoiros e contacontos no programa “Dálle a volta” da Biblioteca de Arcade

a hora do conto na Biblioteca Luís Seane

A Biblioteca Luis Seonane de Arcade prepara un ciclo de actividades que arrancan hoxe luns cun recital de poemas musicados a cargo de Carolina Rubirosa quen nos propón unha viaxe dende as cantigas da lírica galego-portuguesa ata os poemas de Yolanda Castaño ou Eva Veiga e a música de Edith Piaf e Rozalén. A cita será na propia biblioteca ás 20:30 horas. O programa, que se desenvolverá ata o vindeiro día 30, serve para conmemorar dúas datas salientables como é a Día das Escritoras e o día das Bibliotecas.

A programación seguirá o venres 17 de outubro con Teatro “María. Catro notas para unha vida” de Andrea Castro e cuarteto Vagalume. Unha obra onde a vida de María Casares será levada ao teatro musical dirixida a público xeral-familiar, tamén entrada de balde ata completar o aforo.

O 22 de outubro será a quenda do obradoiro de “Exlibris” impartido por Papelier onde todas e todos os asistentes poderán ter a oportunidade de crear o seu propio cuño e personalizar os seus libros. Dirixido a público de máis de 10 anos inscricións de balde e abertas na Biblioteca Luís Seoane. 

O venres 24 chegará una edición especial da “Hora do conto” no día das Bibliotecas. Unha cita dirixida a público de 4 – 12 anos, inscricións de balde e xa abertas en liña na páxina web do concello de Soutomaior.

Un programa Dálle a volta á biblioteca que rematará o xoves 30 de outubro coa xornada de benvida ao Club de lectura galego – castelán onde terá lugar un encontro coa autora Xulia Alonso que falará da súa obra Futuro imperfecto e da súa colaboración na última película de Carla Simón, Romería.Esta cita estará dirixida a publico de máis de 18 anos e será de balde ata completar o aforo.

Dende a concellería de Cultura convidan a toda a veciñanza a desfrutar das Bibliotecas e da programación deste programa Dálle volta á Biblioteca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará