Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oito actores dan vida a unha compañía de teatro “por diante… e por detrás”

RR_Noticias

A compañía teatral Mascara Producións chega mañá a Redondela para presentar no Multiusos da Xunqueira a obra “Por diante… e por detrás”, unha comedia na que se lle conta ao espectador todo o que sucede no escenario e entre caixas. Será ás 20:00 horas a un prezo de 3 euros.

Unha delirante obra onde o espectador asiste a todo o traballo, relacións persoais, enredos sexuais e situacións ás que se enfrontan os integrantes dunha compañía de teatro. E todo iso para amosarnos o mundo dos actores “por diante… e por detrás” en palabras do actor e director Xerome Calero. Calero e xunto con Antón Casal o responsable da dirección e adaptación desta trepidante obra que nace a partir dunha película de grande éxito no anos 80 “Noises off” de Michael Frayn. A obra, enmarcada dentro das actividades que desenvolve a Concellería de Normalización Lingüística co gallo das Letras Galegas, é recomendada para público maior de 13 anos. O prezo das entradas -unha hora antes da función na billeteira- é de tres euros.

Xerome Calero Máscara Produción
O director e actor fálanos da comedia
Recomendación
Unha comedia delirante e con moito rítmo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará