Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela regresa ao ano 1702

radne3

O centro da vila foi o escenario elixido polos organizadores da celebración da Batalla de Rande para arrancar cos festexos que vivirán as súas xornadas máis salientables na vindeira fin de semana, os días 18 e 19, ao carón do Meirande. Con todo, este sábado houbo un pequeno adianto cun desfile que percorreu o casco urbano e que rematou na praza da Casa da Torre cunha escenificación da batalla entre as tropas anglo-holandesas e hispano-francesas.

Os actores e actrices que cada ano reviven a batalla de Rande sorprenderon este sábado aos viandantes que, aproveitando o bo tempo, paseaban polo centro da vila. A primeira das actividades enmarcada na programación da Batalla serve como adianto e anuncio do que será a vindeira fin de semana e consistiu nun desfile polas rúas Ribeira e Alfonso XII para rematar na praza da Casa da Torre onde se viviu unha escenificación dos combates entre ambos bando, Unha vez máis, medio cento de persoas foron as encargadas de dar vida a esta recreación que se repetirá na vindeira fin de semana.

Dende a Asociación Cultural de Deportiva de Rande, encargados da organización deste evento xunto co Concello, convidan á veciñanza a que se acheguen ao Meirande os días 18 e 19. Un espazo que acollerá obradoiros de oficios antigos como alfarería, escritura antiga ou acuñado de moedas, haberá concentración de embarcacións tradicionais e representacións teatrais que recrean escenas da batalla e da vida cotiá da época.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará