Hoxe é Domingo 7 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicita que se inclúa a recuperación do pantalán de Cesantes no proxecto do paseo polo litoral

pantalán

O pantalán de Cesantes desapareceu hai máis dunha década tras un temporal. Os populares, que onte visitaron a zona xunto a representantes de distintos colectivos desta parroquia, cren que o anunciado proxecto de senda e mellora do litoral entre o porto e a praia da Punta “é unha gran oportunidade” para acometer unha obra integral e atender a demanda de mariscadoras, pescadores, veciños e colectivos.

O grupo municipal do PP vén de solicitar a inclusión a recuperación e reconstrución do pantalán de Cesantes ao abeiro do anunciado proxecto de creación dunha senda e mellora do litoral e da fachada marítima entre o porto desta parroquia e a praia da Punta.

Os populares visitaron onte a zona xunto a representantes de distintos colectivos de Cesantes, como a Confraría de Pescadores San Xoán, a comisión de festas do Carme, representantes do cerco, do Obradoiro Fernando Monroy e do Club Náutico, así como de diversos veciños e coñeceron de primeira man o estado da contorna, ao tempo que recolleron a histórica reivindicación para a súa reconstrución, unha década despois da súa desaparición.

O PP anuncia que reclamará a substitución da infraestrutura “nos distinto ámbitos” e que levarán ao pleno unha proposta para que o proxecto da senda litoral -anunciado polo goberno local o pasado mes de xaneiro- inclúa o citado pantalán e se atenda deste xeito as demandas de pescadores, usuarios e colectivos.

O voceiro municipal, Javier Bas, explicou que o proxecto do paseo marítimo “supón a ocasión perfecta, polo financiamento e pola coincidencia temporal”para recuperar este pantalán, xa que deste xeito “quedaría integrado de forma natural no novo deseño da fronte costeira”. Ademais, engadíu que tería un perfecto encaixe técnico e económico e permitiría mellorar os usos deportivos, pesqueiros e recreativos de Cesantes, ao tempo que axudaría á dinamización desta parroquia.

O antigo pantalán da Punta construíuse orixinariamente en madeira durante as obras de rehabilitación da Illa de San Simón e, durante anos, o seu uso foi compartido por mariñeiros, veciños e visitantes, que o empregaban para acceder ás súas embarcacións, pescar ou simplemente disfrutar da paisaxe da enseada. A súa desaparición hai case unha década supuxo a perda dun espazo fundamental para a actividade pesqueira, social e festiva de Cesantes, afectando especialmente á celebración da procesión do Carme, que na actualidade require de estruturas provisionais para o desembarco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. ¡Qué emoción! El Pantalán de Cesantes vuelve a la palestra, ¡como si acabara de salir de un crucero! Si, si, el mismo que desapareció hace más de una década, ¡probablemente haciendo fotos secretas con las ballenas! El PP ya está trabajando en cómo integrarlo en el nuevo paseo, ¡quizás como un mirador con vistas a la playa y al puerto, para que los pescadores puedan contar historias mientras miran hacia el cielo! ¡Un auténtico símbolo de Cesantes, que siempre ha sabido cómo mantener las cosas interesantes, aunque sea desapareciendo y reapareciendo! ¡Adelante con el proyecto, que lo que necesitas es un poco de paciencia y quizás un buen varillero!Free Nano Banana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará