Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de ampliación do IES Pedro Floriani permitiron incrementar a súa superficie en 700 m²

insti 1

O instituto de Redondela viu mellorada as súas instalacións logo de varios meses de traballo que permitiron incrementar a súa superficie en máis de 700 m² e renovar as cubertas. A obra supuxo un investimento de case dous millóns de euros con cargo á Xunta de Galicia que permitiron crear dous novos edificios que se intercalan entre os xa existentes.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou na mañá de hoxe o Instituto Pedro Floriani para coñecer as obras de ampliación do centro que permitiron dotar este instituto de máis espazos e servizos para reforzar a oferta de FP mediante a creación de novas aulas polivalentes para unhas ensinanzas nas que este curso a matrícula aumentou no centro nun 9%. Unha visita na que estivo acompañado de representantes do goberno local así como da comunidade educativa e a propia directiva do centro.

A obra executouse fundamentalmente creando dous novos edificios que se intercalan entre os que compoñían ata o momento o instituto, xerando así unha construción conxunta. Deste xeito, o todos os espazos do centro quedan unidos agora entre si, agás o edificio E, destinado a pista deportiva e vestiarios, e o F, que alberga un transformador.

Dos dous novos volumes o de maior tamaño consta de dúas plantas, cunha superficie total de preto de 600 m². No andar baixo sitúanse un departamento, unha aula polivalente, dous cuartos de instalacións (telecomunicacións e electricidade), un almacén, vestiarios para persoal non docente, almacén de limpeza, dous aseos (un deles adaptado), ademais de zonas de servizos. O primeiro andar conta cun segundo departamento, tres aulas polivalentes e dous aseos, un deles adaptados.

O segundo volume de nova creación dispón só de planta baixa e conta cunha superficie construída de 77,73 m², que se destina a aula polivalente.

A ampliación acometida polo Goberno galego neste instituto de Redondela completouse coa substitución das cubertas do centro por unhas novas de chapa, empregando a mesma solución e acabado en todas elas co fin de conseguir unha imaxe uniforme.

Esta actuación súmase ás melloras realizadas en 2022 para adaptar espazos no Pedro Floriani despois de que a Xunta autorizase a implantación do Bacharelato de Artes no instituto, dando así resposta á demanda da comunidade educativa de Redondela. “En definitiva, coa ampliación do centro reforzamos a nosa aposta por dar máis oportunidades á mocidade redondelá para completar a súa formación no seu propio concello”, destacou o conselleiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará