A recollida do lixo urbano vaise desenvolver nos cascos urbanos de Chapela e Redondela, onde se recollerá tres días a semana. No resto das parroquias, segundo explica o voceiro nacionalista Xoán Carlos González “os veciños e veciñas deberán conformarse con asumir o reparto de composteiros caseiros para reducir os restos orgánicos”. O BNG solicita que o goberno asuma a xestión directa da recollida do colector de residuos orgánicos por entender que sería “unha xestión máis eficiente”.
A súa proposta non conta co apoio de PP, PSOE e AER que no pleno de agosto aprobaron a modificación do contrato con Urbaser. Explican dende o Bloque que os tres grupos “puxéronse de acordo apoiando unha modificación do contrato da recollida do lixo da que a grande beneficiada vai ser Urbaser, que vai percibir 600.000 euros en dous anos para o tratamento dos residuos do cuarto contedor. Unha vez máis, critica González “o goberno de Digna Rivas renuncia a realizar un verdadeiro control sobre a xestión dos fondos públicos”.
Na proposta recóllese tamén que o concello comprará por valor de 200.000€ a Urbaser, un camión do que xa dispón a propia empresa. “Ademais o mantemento do camión tamén será a cargo do concello” feito que González cualifica de “negocio redondo” para a empresa. Ironiza que mesmo se abonará a limpeza dos contenedores á mesma empresa que tén abandonado esta parte do contrato vixente en Redondela. Outro dos puntos do acordo refírese ao abono da nómina do conductor nocturno durante dous anos.










Unha resposta
Por que se implanta o 5° contedor nas zonas urbanas?
Por que se escolle o modelo 5° contedor en vez do porta a porta?
“Mientras el 80-90% de la cantidad de residuos recogidos puerta a puerta es reciclable o compostable, en el caso del 5ºcontenedor los valores totales conseguidos en la recogida de residuos rondan en torno al 30%. La razón es muy sencilla: el uso de éste último es muy bajo, por tratarse de un sistema voluntario.”
https://www.bergara.eus/es/node/753