Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acolle un congreso internacional sobre a figura de María Vinyals

Foto Silvia Cernadas_presentación María Vinyals

A cita levará ao Multiúsos de Arcade aos máximos especialistas nacionais e internacionais sobre María Vinyals e terá lugar o 25 de outubro enmarcada no programa de actividades que organiza a Concellería de Cultura co gallo do 150 aniversario do seu nacemento. As inscricións, de balde, ábrense hoxe xoves 9 de outubro, en www.soutomaior.gal

Soutomaior continúa cos actos de conmemoración dos 150 anos do nacemento de María Vinyals, unha das súas veciñas máis ilustres, escritora, feminista, pintora e xornalista, nacida o 14 de agosto de 1875 no castelo de Soutomaior. Co obxectivo de difundir a vida e a obra de Vinyals, coñecida como ‘Marquesa Vermella’ polo seu activismo social, a Concellería de Cultura organiza o vindeiro 25 de outubro un congreso internacional que forma parte das actividades que se están a desenvolver ao longo de todo o ano.

Silvia Cernadas, Concelleira de Cultura

Un congreso que traerá ao Multiúsos de Arcade aos máximos especialistas nacionais e internacionais sobre María Vinyals e que suporá unha oportunidade para descubrir ou para coñecer máis sobre a traxectoria vital e intelectual desta polifacética muller. A xornada leva por título “María Vinyals. Unha aristócrata que desafiou ao seu tempo” e está pensada para todo tipo de público interesado. Así mesmo, conta coa homologación provisional como actividade de formación permanente do profesorado por parte da Consellería de Educación.

A xornada contará coa intervención da catedrática xubilada da Universidade de Santiago especializada en historia das mulleres Aurora Marco, a directora de comunicación e publicacións no Museo de Pontevedra, Mª Ángela Comesaña onde catalogou os fondos sobre María Vinyals, o profesor xubilado da Universidade de la Habana, investigador da etapa que María Vinyals viviu en Cuba, Ricardo Ramírez así como Pablo Ramírez, bibliotecario na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e investigador da figura do marqués de la Vega de Armijo, tío de María Vinyals. Un congreso que contará tamén co profesor asociado na Universidade de Oviedo, arqueólogo e historiador, Diego Piay, o xefe de Uroloxía no Hospital Povisa de Vigo, especialista no doutor Enrique Lluria, Luís Fariña segundo marido de María Vinyals, o  técnico no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e especialista en historia social das mulleres, Miguel García-Fernández e o profesor axudante doutor na UNED, Ricardo Pichel. Intervirá tamén a concelleira de cultura e investigadora especializada na historia do Castelo de Soutomaior, Silvia Cernadas.

A xornada tamén inclúe unha mostra de materiais e documentos sobre María Vinyals a cargo do coleccionista José Luis López Carregal e a posta en escea da obra de teatro “Catro pezas para un Castelo” de Andrea Castro, a cargo da Escola Municipal de Teatro para persoas adultas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará