Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello asumirá as obras de urbanización pendentes no polígono de Cartas despois de 30 anos

camiño cartas

O proxecto de urbanización desta zona residencial da parroquia de Vilar remóntase aos anos 90 pero a promotora non asumiu a súa responsabilidade de rematar as obras malia os requirimentos do concello. Ante esta situación a Concellería de Urbanismo procederá á execución subsidiaria dos traballos pendentes “por responsabilidade e para dar unha resposta ás demandas veciñais”.

As obras de urbanización desta zona residencial na parroquia de Vilar de Infesta arrancaron nos anos 90 pero a día de hoxe aínda quedan obras pendentes de executar como tramos de beirarrúas e acometidas de abastecementos e saneamento. Ante a falta de resposta por parte da promotora que debía acometer estes traballos, a concellería de Urbanismo impulsará a execución de ditas obras “dando así un paso firme para poñer fin á situación que desde hai anos afecta aos veciños e veciñas desta zona”.

Segundo informan dende o Concello, os técnicos municipais e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, mantiveron diversas reunións coa promotora e requiríronlle en reiteradas ocasións que asumise as súas obrigas e completase as actuacións necesarias. O último prazo concedido á promotora para acometer esta actuación expirou a mediados do mes pasado sen que a empresa iniciase a execución dos traballos pendentes.

Ante esta situación o concello “decide actuar por responsabilidade e para dar unha solución aos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa Digna Rivas. Co obxectivo de garantir unha solución definitiva contratouse a un enxeñeiro especializado a valoración técnica e económica das obras que restan por executar. Este informe permitirá ao Concello proceder, no seu caso, á execución subsidiaria “e dar unha resposta a unha situación que se arrastra desde hai demasiado tempo”. A execución subsidiaria é unha ferramenta de “execución forzosa” da que dispoñen as administracións públicas para levar a cabo accións que o particular ou empresa que ten a obriga non cumpre voluntariamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará