Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de derrotas axustadas para o balonman local

559482772_1362838515851072_6450285237346366064_n

Foto de Patry Rivas

O SAR OPmobility, caeu por 23-20 ante o Seis do Nadal nunha das pistas máis complicadas do campionato, onde levan anos sen puntuar. Segundo explica o club nas redes sociais, “o Seis do Nadal é un rival que sempre pon as cousas difíciles”. O partido comezou de forma espectacular, cunha defensa impecable e porterías estelares que deixaron aos locais sen gol durante os primeiros sete minutos. Ao descanso, a SAR mandaba por un axustado 6-8. Porén, na segunda metade, desaxustes iniciais permitiron ao rival dar a volta ao marcador (10-9 ao minuto 35), e dende aí o equipo local creceu en confianza mentres a SAR loitaba a remolque. A pesar da derrota, o conxunto deu a cara nunha cancha exixente, e agora prepara o próximo reto: a recepción ao BM Lavadores na casa.

Tamén na Primeira Autonómica Masculina, o BM Chapela sufriu a a primeira derrota nunha visita axustadísima ao Bm Linea 21, cun final de 31-29. Tras unha vitoria na xornada inaugural, os beretes plantaron cara, pero non puideron rematar a remontada. A terceira xornada lévaos á pista do Poio Artai, onde buscarán recuperar o camiño da vitoria.

Pola súa banda, a alegría da xornada chegou co debut ligueiro da SAR Globalmar, o segundo equipo da SAR na Segunda Autonómica. Na Bomboneira, recibiron ao Seis do Nadal nun duelo de alta intensidade e goles constantes, coa igualdade como nota dominante. Ao descanso, un 18-17 reflectía a paridade, e na segunda parte mantívose o equilibrio ata os minutos finais, onde os mozos da SAR souberon xestionar as súas oportunidades para abrir catro tantos de vantaxe. O resultado final, 35-31, supón unha merecida vitoria que ilusiona de cara á próxima xornada: un desprazamento a Ourense para enfrontarse ao Balonmán Miño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará