O axente sufriu lesións de gravidade no rostro e os detidos, veciños de Soutomaior de 36 e 46 anos, tamén atacaron ao seu can e ameazárono con matalo. Os agresores contan con numerosos antecedentes policiais e pasaron xa a disposición xudicial como presuntos autores dos delitos de lesións e ameazas contra a autoridade ademais de maltrato animal.
Os feitos producíronse o pasado sábado cando o sarxento comandante do posto da Garda Civil de Soutomaior resultou agredido cando tratou de evitar que dúas persoas agredisen outra nas inmediacións da súa casa.
O sarxentos que se atopaba fóra de servizo escoitou berros e, ao achegarse ao portal, observou que dous homes armados cun pau e unha cadea perseguían outro home mentres gritaban ameazas de morte, para que lles devolvese un diñeiro que lles debía.
O home que ía escapando dirixiuse á vivenda para protexerse e, nese momento, interveu o sarxento. Malia identificouse de forma verbal e amosando o seu cartón profesional, foi agredido e sufriu lesións de gravidade no rostro.
Os dous agresores tamén atacaron ao can do axente e ameazárono con matalo e queimarlle a vivenda, pero finalmente optaron por marchas.
O equipo de Policía Xudicial de Vigo localizou e detivo os presuntos agresores, dous veciños de Soutomaior de 36 e 46 anos, ambos con numerosos antecedentes policiais, que na xornada de onte pasaron a disposición do Xulgado de Garda de Redondela investigados por malos tratos animais e os delitos de lesións e ameazas contra axente da autoridade.









