Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos gaña o derbi contra o Redondela FS

WhatsApp Image 2025-10-06 at 15.16.36

Na Terceira División Nacional, o Redondela FS caeu por 2-6 no derbi ante o SD Pazos de Borbén FS nunha visita ao Pavillón Municipal da Marisma que prometía intesindade pero que se decantou polos visitantes nunha segunda parte de alto voltaxe.

O partido comezou equilibrado, cun Redondela FS disposto a defender o seu feudo ante o eterno rival veciño. Porén, o equipo de Matilla soubo xestionar os nervios iniciais e, tras o descanso, desatou o seu potencial ofensivo. Os vermellos do Pazos, coñecidos polo seu xogo dinámico, fixeron valer a súa superioridade física e técnica para abrir brechas na defensa local e rematar cunha vitoria folgada que lles suma tres puntos vitais na táboa.

En redes sociais, o club expresou a súa alegría: “Alegría en forma de tres puntos para os de Matilla na súa visita á Marisma, que con un partido moi serio conseguiron un folgado triunfo tras unha segunda parte onde se viu ao equipo que todos coñecemos”. Os goleadores da xornada foron Luis, con un dobrete estelar, xunto a Eloy, Jacobo, Pablo e Martín, que pecharon o festival de goles con precisión cirúxica. O Pazos non esqueceu os xestos de xentileza: “Agradecer aos nosos veciños de Redondela o seu magnífico trato, e desexarlle moita sorte”.

Con este último resultado, o SD Pazos de Borbén FS colócase na metade da táboa, en sétimo posto con 7 puntos, mentres que o Redondela FS queda de pechacancelas, na última posición con só 1 punto.

A vindeira o Pazos semana recibirá no seu feudo a un clásico como o Sala Ourense, nun duelo que promete chispas. Pola súa banda, o Redondela FS tentará a recuperación na súa visita ao ADFS Bueu, onde buscará os puntos que lle permitan achegarse aos postos nobres. O fútbol sala segue a ofrecer emocións fortes, e este derbi foi un exemplo perfecto de rivalidade saudable e espectáculo garantido.

En Preferente, o filial do Redondela FS “B” sumou tres puntos importantes ao superar por seis goles a dous ao Campito Chapela FS noutro derbi na Marisma cheo de intensidade. Os azuis do Redondela B igualaron agora en puntos ao seu rival na táboa clasificatoria, nunha cita que deixa todo aberto para o duelo directo vindeiro. A próxima proba para o Campito será no seu feudo ante o Indecisos FS, mentres que o Redondela B visitará ao Poio Pescamar, un rival directo que complicará a súa boa racha.

Pola súa banda, o Arealonga FS Chapela sufriu unha nova derrota por tres a seis ante o C.D. Mosteiro Bembrive FS en Primeira Futgal, un resultado que os deixa aínda sen sumar puntos na tempada. Os beretes mostraron forza nun partido disputado, pero o rival foi superior en efectividade, deixando aos de Arealonga coa necesidade imperiosa de puntuar. A vindeira xornada, o equipo recibirá ao Treboada FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará