Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta “a falta de ambición” do goberno de Rivas na consecución de fondos europeos

pp

Mentres o goberno local se congratula polos case 5 millos de euros acadados dos Fondos FEDER que permitirán acometer importantes obras en Redondela, os populares cualifican de “inadmisible” que o Concello teña pouca ambición e comparan esta cantidade cos máis de “6,5 millón de euros que recibirán concellos como Marín, O Porriño, Ponteareas ou Lalín”. Critican que quedan fora dos proxectos subvencionables obras como o auditorio ou o pavillón de Chapela.

Os populares amosaron o seu apoio a que o Concello concorra a esta orde de subvencións e tamén valoraron positivamente que reciba a citada axuda para actuacións que son imprescindibles para Redondela, pero cualificaron de “inadmisible” a pouca ambición e a pouca altura de miras do executivo socialista na presentación de proxectos, xa que revelaron que outros municipios da provincia, como Marín, O Porriño, Ponteareas ou Lalín espremeron ao máximo a convocatoria e obtiveron a contía máxima, cifrada en algo máis de 6,5 millóns de euros.

En definitiva, din “o Concello de Redondela deixou pasar a oportunidade de recibir 1.574.000 euros” ao abeiro do actual plan europeo. “Non entendemos as poucas pretensións do goberno de Digna Rivas como se o diñeiro nos sobrase ou se non fixeran falta máis cartos, porque queremos lembrar que seguimos a ser o único concello de máis de 20.000 habitantes da provincia sen auditorio e a necesidade dun pavillón en Chapela é urxente, por só citar dous exemplos clamorosos”, manifestou o voceiro, Javier Bas, que cre que esta situación demostra “que temos un executivo máis incapaz que os dos demais concellos, porque obtén menos cartos que eles e dos que podería conseguir e deixa que, coma sempre, nos adianten por todos lados mentres os redondeláns levan anos agardando por investimentos e proxectos importantes”.

Lamentan tamén o que cualifican de “nefasta xestión” dos fondos europeos por parte do goberno local de Digna Rivas xa que aseguran que o executivo socialista perdeu 2,8 millóns de euros nas dúas últimas convocatorias. Ademais, non desbotan que a contía desperdiciada sexa superior no caso de que “non sexan quen de executar o 100% da achega, tal e como sucedeu na edición precedente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará