Retencións e pequenos incidentes a primeira hora da mañá de hoxe dende a rotonda de Vilavella ata a baixada polo scalextric en dirección Pontevedra ao perder un camión parte da carga que transportaba. Segundo indican dende os servizos de emerxencia o incidente produciuse en torno ás 8:30 horas da mañá de hoxe nese tramo das N-550 e N-552 e provocaba cortes nun dos carrís para poder realizar a limpeza da vía.
Eras as 8:30 horas da mañá de hoxe cando se producía a primeira das chamada dun conductor á Policía Local quen alertaba de que un trailer que transportaba material de construción estaba deixando na estrada un regueiro de grava e cantos rodados que quedaban ciscados pola N-550 e poñían tamén en risco os vehículos que ían detrás do camión.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, do SEIS de Redondela e traballadores de conservación de estadas que se encargaron de limpar a vía -un tramo de case un kilómetro de lonxitude- o que provocou retencións a primeira hora da mañá.
A normalidade quedou restablecida aproximadamente media hora despois unha vez que todo o material foi retirado da estrada. Afortunadamente non hai que lamentar danos importantes.









