Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acada financiamento europeo para o Centro Sociocultural de Chapela, o Museo e a reforma do mercado

PAI Redondela. Centro Sociocomunitario de Chapela 2

A Unión Europea financiará con preto de 5 millóns de euros uns investimentos que ascenden a 8,3 millóns e que inclúen a construción dun centro Cívico Sociocultural en Chapela, o prometido Museo Etnográfico Ángel Barros na Avenida MEndiño, a reforma do Mercado de Redondela, diferentes humanizaciónS e a transformación da rúa Manuel Rodríguez Casal nun camiño seguro para escolares na contorna do CEIP Laredo.

O conxunto de proxectos que optaban a fondoS europeos están incluídos no Plan de Actuación Integrado. Unha proposta que contará cunha dotación de 4.973.243 de euros, o que supón un 60% do que investirá nas distintas obras, que ascenden a un total de 8.288.738. O 40% restante, 3.315.495 euros serán financiados polo propio Concello.

A alcaldesa, Digna Rivas, anunciou con gran satisfacción que esta proposta con accións “estratéxicas” para Redondela e Chapela recibiu luz verde e recibirá financiamento dos fondos FEDER.

Entre as actuacións incluídas neste plan atópase o novo Centro Cívico Sociocultural de Chapela. O edificio crearase no antigo colexio Igrexa e revitalizará este espazo emblemático da parroquia co obxecto de converterse nun novo lugar de encontro e actividades para a veciñanza, con biblioteca e espazos para actividades culturais, sociais e recreativas. Esta obra está orzamentada en 1,6 millóns.

O Plan de Acción Integrado inclúe tamén a creación do Museo Etnográfico Ángel Barros con espazos de exposición, salas e aulas, que acollerá os 150 cadros doados por Barros ao Concello. O museo ocupará o lugar da edificación das antigas vivendas dos mestres na avenida Mendiño, e contará cun investimento de 1.167.000 euros.

Outras actuacións incluídas neste proxecto son o acondicionamento do Mercado de Redondela cunha renovación integral do espazo e conservando as súas fachadas orixinais, cunha mellora nos sistemas de climatización, illamento e iluminación eficiente que ascende a 2,6 millóns de euros.

Tamén se contemplan obras de humanizacións das rúas Prata, Telmo Bernárdez, Padre Sarmiento e rúa do Muro, entre outras e a transformación da rúa Manuel Rodríguez Casal, en Chapela, para crear “camiños escolares seguros” na contorna do CEIP Laredo. As obras inclúen a mellora ambiental da zona con vexetación autóctona, novo mobiliario urbano e iluminación eficiente. O proxecto conta cun orzamento superior aos 770.000 euros

Rivas explicou que o prazo de execución é de entre 2 e 4 anos, “polo que Redondela vivirá unha extraordinaria transformación a curto prazo”.

A alcaldesa aproveitou para cargar contra a oposición por ter votado en contra destes proxectos ata en dúas ocasións “o PP vota recorrentemente contra o futuro de Redondela”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará