Foto do último partido do Pazos de Borbén contra o Composala
A terceira xornada do fútbol sala deixou un feixe de resultados que mesturan decepcións, sorpresas e a promesa de duelos vibrantes. Os conxuntos locais como o Redondel FS, o Campito Chapela FS e o Arealonga FS buscan consolidar o seu paso pola competición, cun ollo posto nos derbis que axitarán a próxima semana.
Resultados da última xornada
Na Terceira División Nacional, o Redondel FS pechou a xornada cunha derrota dolorosa por 7-2 na súa visita ao Outeiro de Rei SD, un rival que soubo explotar os erros dos redondeláns. Este revés súmase a un debut na máxima categoría marcado por un empate inicial e agora dúas derrotas. Sen embargo, a ilusión regresa de inmediato: o vindeiro sábado, o Pavillón da Marisma acollerá un derbi de alto volta fronte ao SD Pazos de Borbén Futsal, un encontro que promete chispas polo seu carácter local.
Pola súa banda, o Pazos de Borbén Futsal mantén o seu equilibrio na élite cun valioso empate a 1 na casa ante o CD Composala, nun partido defensivo que lles permitiu sumar un punto clave. Con un balance de tres xornadas que inclúe unha vitoria, un empate e unha derrota, os borbenses chegan ao derbi con confianza e experiencia acumulada. “

No ámbito da Preferente, o Campito Chapela FS foi o gran protagonista cunha vitoria épica por 8-6 ante o Cesures FS no seu propio feudo. Nunha tarde de goles e emoción, os beretes demostraron o seu potencial ofensivo, cunha segunda parte arrolladora que lles valeu tres puntos de ouro. Tras esta boa racha, o equipo mira á próxima xornada con ambición: outro derbi no Pavillón da Marisma, esta vez contra o Redondel FS “B”, onde buscarán consolidar o seu liderado parcial e engadir aínda máis sal á competición rexional.
Na Primeira Galicia, non foi o mellor día para o Arealonga FS, que sucumbiu por 6-10 na casa fronte ao Balona Linense FS nun encontro dominado polos visitantes dende o inicio. A vindeira proba será unha visita ao CD Mosteiro Bembrive FS, onde tentarán sumar os seus primeiros puntos da tempada.









