Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias

tropa creativa

A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e impartirase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas nas instalacións da biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral. Este martes ofrecen un contacontos para maiores a cargo de Lorena Piñeiro.

A actividade bautizada como “tropa creativa” permitirá aos asistentes coñecer movementos artísticos, curiosidades da historia da arte, artistas… e facer as súas propias propostas artísticas. Un club no que rapaces e rapazas atoparanse para xogar e divertirse a través da lectura, da arte e da creación artística.

Para participar compre inscrición previa no teléfono 986-454-226, en horario de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h.ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

O club de arte celebrará a súa primeira sesión o 14 de outubro.

Contacontos para maiores

Por outra banda, este martes día 30 ás 18:00 horas a biblioteca conmemora o Día Internacional das persoas maiores con Lorena Piñeiro que ofrecerá as súas narracións nun espectáculo que leva por nome “Conta, miña compañeira”. Será ás seis da tarde con entrada de balde

A actividade forma parte da programación de Outono das Bibliotecas Municipais de Redondela .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará