Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero perde a cuestión de confianza

luciano

Non houbo sorpresa e os grupos da oposición –PP, PSOE e BNG- votaron en contra da cuestión de confianza presentada polo alcalde de Alternativa Veciñal, Luciano Otero. A oposición ten agora un prazo dun mes para presentar unha moción de censura. Un acordo case imposible tendo en contra as grandes diferenzas que separan aos tres grupos. No caso de que non sexan quen de presentar un candidato alternativo, Otero permanecerá no cargo e os orzamentos quedarán automaticamente aprobados.

O alcalde recoñecía que o resultado do pleno era máis que esperado ante a complicada situación de minoría na que goberna, con tan só catro concelleiros fronte aos seis da oposición (PP:5, PSOE:1, BNG:1). A cuestión de confianza vinculada aos orzamentos quedaba así rexeitada abríndose un prazo dun mes para que a oposición presente unha moción de censura.

Luciano Otero, alcalde de Pazos de Borbén

Otero insiste en que a convocatoria da cuestión de confianza era única saída para desbloquear as contas municipais ante a “actitude destrutiva” da oposición. O rexedor lembra que os últimos orzamentos aprobados no municipio datan de 2022 e que, desde entón, o Concello viuse obrigado a traballar con contas prorrogadas, algo “insostíbel no tempo para facer as actuacións necesarias para mellorar a vida das veciñas e veciños”.

Subliñaba que “perdida a esperanza de chegar a un acordo que permitira aprobar eses orzamentos e vendo inviable seguir nesta situación” a única saída era recorrer a cuestión de confianza.

O alcalde subliña que é imprescindible actualizar o orzamento para facer fronte ás subas en servizos básicos como a recollida do lixo, a enerxía eléctrica e outros subministros, ademais de atender ás multas e sancións herdadas di “da nefasta xestión do anterior goberno do Partido Popular, que aínda a día de hoxe se seguen pagando”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará