Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela crea unha mesa de traballo sobre Saúde Mental na infancia e adolescencia

mesa saúde mental

A Mesa de Saúde Local, da que forman parte o Concello e o Centro de Saúde de Redondela xunto cunha ducia de entidades e asociacións acordou poñer en marcha grupos de traballo para abordar as necesidades da cidadanía en ámbitos concretos da saúde.

Un dos primeiros grupos en comezar a funcionar será o encargado de afondar nos problemas de saúde mental, especialmente na infancia e adolescencia. Tamén se crearon grupos para analizar o sedentarismo e alimentación e a soidade non desexada, concretamente nas persoas maiores e nas mulleres.

Estes grupos deseñarán proxectos que melloren a saúde da poboación nestes ámbitos. En cada un deles participarán as entidades relacionadas coa temática a tratar, que serán convocadas en próximas datas. Igualmente, segue aberta a opción de que as entidades, centros ou colectivos interesados se sumen a esta iniciativa.

Nesta reunión participaron representantes de diversas entidades como a Federación de ANPA’s de Redondela, a Asociación Lenda, Cruz Vermella, o CEP Santa Mariña, o CAPM de Cesantes, a Asociación de Mulleres Arela, así como persoal sanitario do Centro de Saúde de Redondela, a concelleira de Servizos Sociais e responsables da Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS).

Tanto o Concello como as diferentes entidades participantes puxeron o foco nas eivas da Sanidade Pública en especialidades como a Saúde Mental, “onde os recursos actuais que existen no Sergas son totalmente insuficientes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará