Nace en Redondela un novo concepto de feira urbana. Tras 15 anos de celebración a tradicional a Feira de Oportunidades que organiza a Asociación de Empresarios evoluciona e expándese por toda a vila cunha proposta que chegará a cada recuncho do casco urbano, cun formato que mestura o mellor do outlet e as novidades de tempada e no que participarán un centro de establecementos.O comercio local tomará así o sábado 4 de outubro as rúas de Redondela nunha edición única e irrepetible de “comercio na rúa”.
A iniciativa busca converter toda a vila nun escaparate con prazas, rúas e recunchos cheos de vida, ofertas e novidades. Esta transformación, explican dende a asociación de empresarios “supón un salto cualitativo” no que participarán establecementos de moda, tecnoloxía, fogar e alimentación, con comercios que ofrecerán descontos irresistibles e presentacións de coleccións novas. Haberá tamén animación infantil, música, sorteos e moitas sorpresas para que toda a familia.
A Xunta Directiva sumiu este difícil reto de estender por toda a vila o concepto de Feira de Oportunidades que se viña realizando nun lugar nun único punto. A transformación será radical e desde hoxe as rúas xa deixan ver a transformación coa montaxe das decoracións da man da empresa local Amoedos Roulaciones.
Malia as dificultades para por en marcha esta campaña “xa que non é o mesmo a montaxe nun único emprazamento que esparexer este concepto por toda a vila”, a Asociación entende que esta proposta será “máis cómoda para a clientela xa que non haberá aglomeracións e disporá de todas as comodidades que ofrece as tendas, se disporán de probadores e servizos que doutra maneira dificilmente se poderían desprazar”.
O comercio ten preparados premios e sorteos en todas as tendas participantes, atoparemos preto dun centenar de establecementos abertos dos que 50 sacarán a rúa todo o stock. Haberá prazas e rúas nas que poderemos atopar novos comercios e unha oferta e surtido comercial excepcional preparada para esta ocasión especial.
A campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Redondela que suman os esforzos de coordinación de distintos departamentos –iluminación, xardíns, seguridade, tráfico- para que todo estea listo nesta xornada especial de compras.









