Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimas pinceladas na alfombra mural que decora a rúa peonil Padre Sarmiento

alfombra-choco

A artista local Paula Amoedo é a encargada de dirixir un grupo de voluntarios que nos últimos días traballan neste tapiz semipermanente que rende homenaxe ás tradicións do municipio con imaxes dos viadutos, as alfombras florais e a Coca entre outros motivos. A intervención abarca os 50 metros de lonxitude da rúa Padre Sarmiento.

Alfombristas, mocidade e voluntarios de todas as idades están a participar na elaboración dun gran mural na superficie da rúa peonil Padre Sarmiento. A iniciativa parte do Concello de Redondela co obxecto de render homenaxe ás tradicións do municipio. Os motivos elixidos por Paula Amoedo son un total de oito elementos tradicionais de Redondela, entre eles o escudo da vila, os viadutos, a Ponte de Rande, un choco, as Penlas e a Coca.

Co obxecto de que o mural perdure o tempo, empregáronse para a súa realización pintura e materiais resistentes que soporten tamén o tránsito peonil. O proceso de creación é similar ao dun mural en parede, pero adaptado ao chan.

Amoedo salientaba a elevada participación da veciñanza, sobre todos dos máis cativos, nunha obra colectiva que arrancou máis tarde do esperado debido ao mal tempo, xa que era preciso contar con varios días sen chuvia para garantir que a pintura agarre no chan.

A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Iria Vilaboa comprobaron a evolución dos traballos desta alfombra-mural “de gran creatividade e beleza”. Destacaron a elevada participación na realización dos traballo “voluntarios e voluntarias de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa para crear unha obra colectiva e interxeracional”.

A intervención artística está a realizarse na céntrica rúa peonil Padre Sarmiento que conta cunha lonxitude duns 50 metros. O obxectivo é recuperar espazos públicos para a cidadanía e crear unha vila máis amable para os peóns dándolles prioridade nos lugares onde é posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará