Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Danza africana para liberar corpo e mente

danza africana 2

“A danza africana é liberadora a nivel físico, emocional e mental” así é como define Itzzy Moussó esta disciplina que se imparte todos os mércores no Centro recreativo cultural de Redondela e que durante este mes de setembro celebra xornadas de portas abertas. Unha invitación para que todas aquelas persoas que estean interesadas se acheguen e experimenten esta danza que inclúe un traballo corporal importante e que se traduce nun “subidón” de enerxía e vitalidade.

O Centro recreativo de Redondela acolle todos os mércores clases de danza africana impartidas por Itzzy Moussó. Con movementos baseados na vida cotiá e na natureza, esta forma de baile permite contrarrestar as tensións do día a día e desbloquear o corpo ademais de crear conexións entre as persoas que asisten a actividade.

Dende hai anos un grupo de mulleres acode cada semana a estas clases que imparte Moussó. Formada en danza afrocontemporánea, as súas visitas a Mali levárona a interesarse polas danzas de África occidental que son as que se aprenden no curso que se desenvolve no Centro Recreativo. A través deses ritmos baseados en movementos da vida cotiá, as alumnas aprenden a desbloquear corpo e mente nun espazo no que se crean conexións especiais.

Ademais dos beneficios propios de calquera actividade física, a danza africana a través de movementos rítmicos e enerxéticos fortalece os músculos, alivia contracturas, libera tensións, conecta a persoas coas súas experiencias internas e permite experimentar emocións descoñecidas.

Accesible a todo o mundo este tipo de danza non require unhas características físicas especiais, está aberta a calquera idade e a calquera tipo de corpo.

As persoas interesadas poden achegarse a esta disciplina todos os mércores en horario de 19:00 a 20:30 horas no Centro Recreativo de Redondela. Durante o mes de setembro hai xornadas de portas abertas co obxecto de dar a coñecer esta actividade a un maior número de público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará