O cómico ofrecerá dúas funcións no Multiúsos da Xunqueira o vindeiro sábado día 27. Logo de colgar o cartel de completo na función das oito ofrece un novo pase ás 18:00 horas cuxas entradas poden adquirirse a través da páxina de woutick.es a un prezo de 16,50 euros.
Farray é o encargado de abrir a VIII edición do ciclo Humor na súa tinta que inclúe un total de cinco espectáculos cargados de humor, improvisación e moita risa que buscan animar ao público de Redondela.
Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que comezou no STAND-UP hai 20 anos e desde esa data segue de xira por todo o país. A súa popularidade chegoulle da man de programas radiofónicos como La vida moderna xunto con David Broncano e Héctor de Miguel e outras colaboracións televisivas. Un cómico controvertido que estará en Redondela o vindeiro sábado 27 de setembro con dous pases do seus espectáculo, ás 18:00 e as 20:00 horas no Mulitúsos da Xunqueira cun show pensado para maiores de 16 anos.
O ciclo contará con outras catro actuacións. Así o 2 de Novembro está prevista a actuación de Iván Esturillo, influencer sanitario e no mes de decembro chegará ao Multiúsos a parodia musical de El Rey León baixo o título “El Rey Lirón” o día 21.
Xa no 2026 chegará a Redondela Salva Reina, actor que se fixo co premio Goya deste ano e que actuará no Mutiúsos o 24 de xaneiro. O ciclo Humor na súa tinta pechará o 28 de febreiro coa cómica Coria Castillo.









