Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse voluntarios para o Programa de Adopción Felina

gatos1

Actualmente existen xa algunhas casas de acollida nas que persoas voluntarias fanse cargo dos animais abandonados mentres non son adoptados. Con todo, o concelleiro Roberto Villar lembra que se precisan de máis colaboradores para diferentes tarefas no refuxio municipal e para incrementar o número de casas de acollida sobre todo para o coidado de crías abandonadas. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello ou no teléfono 604 044 165.

Redondela está agora implementando a terceira fase do Programa de Adopción felina, un proxecto que comezou no 2023. Consolidada tanto a recollida de animais na rúa como a asistencia veterinaria e o programa de adopción, o concelleiro de sostibilidade, Roberto Villar sinala que se precisa dun amior número de voluntarios para incrementar o número de casas de acollida no que se recollen os animais abandonados mentres non son adoptados. Villar amósase moi satisfeito cos resultados acadados ata o de agora e confía en que máis xente se anima a colaborar “para darlle unha segunda oportunidade a estes animais” sobre todo de cara á posta en marcha dun pequeno refuxio no que xa se está a traballar. As persoas interesadas en colaborar só teñen que inscribirse no Concello ou no teléfono 604 044 165 e colaborar “na medida das súas posibilidades”.

Nos vindeiros meses porase en marcha unha cuarta fase do programa que será a campaña de voluntariado para o rescate de animais feridos na rúa.

O Programa de Adopción Felina non se limita a atender animais abandonados e buscarlles un fogar, senón que pretende concienciar á sociedade contra o abandono animal e a obrigatoriedade de esterilizar ás mascotas. Recalcar que antes de levar un animal a casa é fundamental reflexionar sobre o tempo que hai que dedicarlles, os recursos económicos que requiren e o espazo dispoñible para eles. Villar solicita a colaboración cidadá na protección dos dereitos dos animais e na promoción dunha cultura de respecto e coidado cara a eles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará