A vila converteuse este fin de semana nun fervedoiro de festa coa celebración do Entroido de Verán, que reuniu a unas 38.000 persoas de todas as idades. Os espazos habilitados ateigáronse de xente que participou con entusiasmo nas actividades infantís, concertos e a esperada Gala Drag, nun ambiente cargado de fantasía e diversión. O punto álxido chegou co concerto dos galegos The Rapants, que fixeron vibrar o campo da feira cun directo espectacular. O público, moitos deles disfrazados de persoal de voo en homenaxe ao tema “Avión”, coreou os seus éxitos sen descanso. A festa comezou xa pola tarde coa música dos DJ Kike Varela, Olalla González e Borja Rúa, e continuou tras o concerto coa enerxía de Carlos Jean, Samu Pexe e Rodri Vegas, que mantiveron ao público bailando ata ben entrada a noite.


Gala Drag: creatividade e talento
A Gala Drag, presentada polo carismático actor e showman Carlos Veleiro, foi outro dos pratos fortes da xornada. Coa música do redondelán Rodri Vegas e un xurado presidido pola icónica Gigi, premiouse a orixinalidade das propostas. Elektra levou o primeiro premio, dotado con 1.000 euros por Kaiak Ocio, seguida de Josefa Sacho (500 euros, Naturgalia), Lola Menta (300 euros, Silvocantabrica) e Ketty Pinn (200 euros, N29). A gala contou coas actuacións de Noemi, coñecida por La Voz, Carolina Smith e a gañadora da edición anterior, Ketty Ponn, que puxeron o broche de ouro á noite.


Balance positivo e mínimas incidencias
Segundo informou o Concello, o hospital de campaña rexistrou un total de 58 incidencias, todas elas de carácter leve, nun contexto de masiva afluencia ao Entroido de Verán de Redondela. A maioría das atencións estiveron relacionadas con intoxicacións por alcol, seguidas de lesións menores como cortes, principalmente nos pés, debido ao uso de chanclas ou sandalias, e algúns golpes leves. Nas oficinas da Policía Local depositáronse numerosos obxectos perdidos, como carteiras, documentación e teléfonos móbiles, que agardan ser reclamados polos seus propietarios.
Segundo informou o Concello, as incidencias rexistradas no hospital de campaña foron “mínimas”, con só 58 persoas atendidas, un dato menor ante a masiva afluencia. Ademais, nas oficinas da Policía Local depositáronse numerosos obxectos perdidos, como carteiras, documentación e teléfonos, que agardan ser reclamados polos seus propietarios. O Entroido de Verán consolidouse, un ano máis, como unha das citas imprescindibles de Redondela, combinando música, humor e creatividade nunha fin de semana inesquecible para a vila.












