Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous anos e sete meses ao condutor polo accidente mortal dun mozo de Cesantes en Ponte Sampaio

ponte-pwc23baxk28yai0d2pze27tcjc9t3urojzdztc4yo8

Foto de arquivo do accidete en 2022

A Audiencia de Pontevedra ratificou a condena de dous anos e sete meses de prisión para o condutor responsable dun accidente ocorrido o 17 de outubro de 2022 en Ponte Sampaio, no que faleceu Omar Ramos Vidal, un mozo de 23 anos de Cesantes e resultaron feridos outros dous amigos, de entre 18 e 23 anos.

O accidente produciuse nunha estrada local entre Acevedo e Camboa. O condutor, que manexaba un Citroën C2, perdeu o control do vehículo nun tramo curvo e con calzada húmida, saíndose da vía, chocando contra unha árbore e caendo por un terraplén. Segundo a sentenza, o condutor estaba baixo os efectos do alcol (cunha taxa de 0,60 e 0,55 mg/l de aire expirado) e drogas, o que afectou as súas capacidades para conducir. A Garda Civil observou síntomas claros de embriaguez, como fala pastosa, ollos velados e dificultades para manter o equilibrio.

Omar Ramos viaxaba no asento do copiloto, mentres que os outros dous ocupantes, nos asentos traseiros, sufriron lesións. O condutor foi detido tras o accidente e perdeu o permiso de conducir durante cinco anos, unha medida que se mantén na sentenza.

O acusado tentou reducir a pena, argumentando que depositou 5.000 euros para os pais da vítima, que intentou unha mediación non aceptada, que deixa flores no lugar do accidente en memoria do seu amigo e que publicou unha mensaxe de desculpas en Instagram. Porén, a Audiencia desestimou estes argumentos e confirmou a condena, que aínda pode ser recorrida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará