Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As carrilanas regresarán a Arcade o sábado 30 de agosto

carrilanas

A Asociación Veciñal e Cultural Pozovello, en colaboración co Concello de Soutomaior, organiza unha nova edición da Baixada de carrilanas que terá lugar o sábado 30 de Agosto en Arcade de Riba. A organización establece como límite a participación dun total de 65 inscritos, cifra que foi a acadada na edición anterior. A proba é puntuable para a Copa Galicia. Inscricións www.fedei.com

A día de hxoe son xa 55 os inscritos nesta proba que celebra a súa XIX edición o último sábado de agosto. Establécese un límite de 65 competidores co obxecto de poder levar a cabo o evento o mellor posible facilitando que os bólidos poidan desenvolver  o descenso con comodidade.

En canto aos horarios, ás 11.00 horas terán lugar as verificacións, ás 12.00 horas comezan os adestramentos e ás 17.00 horas dará inicio a baixada oficial. O percorrido da carreira comeza en Arcade, entre a Peneda e o barrio da Feixoeira, para completar un percorrido dun quilómetro en menos dun minuto, con velocidades punta de ata 90 km/h. Todo un espectáculo no que o ano pasado contaron con máis de 2000 espectadores no público.

Todo o circuíto volverá estar sinalizado con barreiras de pneumáticos e pacas de palla nos lugares onde pode haber saídas dos pilotos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará