Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Principio de acordo entre goberno local e PP para adquirir Villa Elisa e converter o inmoble en biblioteca

villa elisa

Representantes do goberno local confirman que tras unha reunión celebrada na xornada de onte con membros do PP, os populares amosaron unha “moi boa acollida a unha proposta que busca adquirir as instalacións da casona indiana coñecida como Villa Elisa para proceder a transformala na futura biblioteca municipal”. PSOE e AER confían en contar co apoio dos concelleiros do PP no pleno que se celebrará o 25 de setembro o que lles daría votos suficientes para sacar esta iniciativa adiante.

O Concello de Redondela anunciaba días atrás que estaba a traballar na compra de Villa Elisa, casa de estilo indiano situada na rúa Ernestina Otero, co obxectivo de proceder a súa reforma para trasladar a este inmoble a Biblioteca Municipal e as salas de estudo, ademais de habilitar no seu xardín un espazo verde de uso público.

Co gallo de sacar adiante o proxecto, que precisa de ser aprobado pola corporación, convocaron aos partidos da oposición a unha xuntanza que se celebraba este mércores.

O goberno local lamenta a decisión do BNG  de non estar presente nesta reunión e agradece “a boa acollida mostrada polo grupo popular ante esta proposta”. Logo desa negociación, confían en que a iniciativa saia adiante no vindeiro pleno ordinario do 25 de setembro o que permitiría comezar a traballar no proxecto que será beneficioso “para a cultura, a educación, a cohesión social e o patrimonio de Redondela”.

Unha vez que este edificio pase a mans do Concello procederíase a acondiciónalo para crear unhas infraestruturas funcionais para a biblioteca que na actualidade sofre os prexuizos de compartir espazo con outras moitas actividades no Multiúsos da Xunqueira o que non garante o silencio e a comodidade precisa que se require para o estudo, a lectura ou as tarefas de investigación que realizan os usuarios e usuarias das bibliotecas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará