Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Casa Paco desvincúlase do Redondela FS tras 15 temporadas de colaboración

cas paco

O presidente da entidade, Manolo Conde, explica que o acordo existente nos últimos anos establece que o Casa Paco se encarga da formación deportiva dos nenos máis cativos –dende os 3 aos 8 anos de idade- mentres que o Redondela FS asumiría o resto das categorías. O enfrontamento chega cando este ano o Redondela decide crear un equipo da categoría prebenxamín.

Manolo Conde, Presidente Casa Paco

O grupo Casa paco 81 emitiu esta semana un comunicado no que informa da ruptura do acordo deportivo que viña mantendo co Redondela FS dende hai aproximadamente 15 temporadas.

Culpabilizan da situación ao Redondela FS por tentar inscribir un equipo da categoría prebenxamín para a presente temporada cando segundo recollía o convenio asinado entre ambas as dúas entidades, esta categoría “correspondía xestionala exclusivamente ao Grupo Casa Paco 81”. O problema xurdiría, segundo explica Conde “porque o club de Futbol Sala nos responsabiliza de que ao rematar a súa etapa no Casa Paco hai máis nenos que se van ao Choco que ao Redondela, pero esa decisión é exclusiva dos rapaces e das súas familias”.

O acordo existente ata o de agora establecía que o Casa Paco desenvolvería a súa actividade nas categorías biberón e prebenxamín, delegando no Redondela FS o traballo co resto de categorías de fútbol sala. Cómpre lembrar que o Grupo Casa Paco 81 mantén un acordo semellante no eido do fútbol co CD Choco, onde se respecta a mesma filosofía de colaboración e delimitación de categorías.

Manolo Conde lamenta este enfrontamento “que prexudica aos rapaces e ao deporte” e asegura que a súa intención e reconducir a situación “malia que os directivos do Casa Paco 81 están moi molestos co proceder do Redondela”.

Ante esta nova situación, o Grupo Casa Paco 81 anuncia que retomará a creación de equipos na categoría benxamín, tal e como viña facendo ata a tempada 2021/2022, cando o Redondela FS impuxo que a nosa entidade deixase de traballar con esa franxa deportiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará