Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que non se incrementen os fondos destinados a axudas para material e comedores escolares

Comedor.

Dende a organización nacionalista cuestionan abertamente que o goberno de Digna Rivas “non aumentara estas partidas para colaborar na adquisición de material e comedores escolares” e que se manteñan os mesmos fondos que hai tres anos.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González critica que dende o goberno municipal non deixen de repetir que os orzamentos medraron para o ano 2025 máis dun millón e medio de euros e que ese incremento non repercuta nun aumento para estas axudas de carácter social, como o material escolar para alumnado de 3 a 5 anos ou para os comedores escolares.

Fala de “cinismo político” de Digna Rivas ao manter a mesma cantidade que hai tres anos para estas colaboracións económicas, sabendo que na convocatoria de 2024 aforraron un dez por cento.

Critican tamén as bases da convocatoria para poder acceder ás axudas de comedor “a renda máxima dunha familia de 2 integrantes mantense 1.500€ por debaixo do salario mínimo interprofesional, o que fai que numerosas familias que o precisan poden quedar se axudas.

Entende que un goberno que se considera “progresista”, non pode aforrar en partidas de marcado carácter social.

petir que os orzamentos medraron para o ano 2025 máis dun millón e medio de euros e que ese incremento non repercuta nun aumento para estas axudas de carácter social, como o material escolar para alumnado de 3 a 5 anos ou para os comedores escolares.

Fala de “cinismo político” de Digna Rivas ao manter a mesma cantidade que hai tres anos para estas colaboracións económicas, sabendo que na convocatoria de 2024 aforraron un dez por cento.

Critican tamén as bases da convocatoria para poder acceder ás axudas de comedor “a renda máxima dunha familia de 2 integrantes mantense 1.500€ por debaixo do salario mínimo interprofesional, o que fai que numerosas familias que o precisan poden quedar se axudas.

Entende que un goberno que se considera “progresista”, non pode aforrar en partidas de marcado carácter social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará