Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira celebra tres días de festa na honra de San San Bernardo e San Roque

cedeira

A parroquia de Cedeira celebra durante os días 20, 22 e 23 as festas de San Bernardo onde non faltarán as tradicionais verbenas así como actos relixiosos e xogos para os máis cativos.

As celebracións arrancaban na mañá de hoxe con pasarrúas pola parroquia a cargo da banda de música Unión musical de Tenorio. Ás 12:00 horas tivo lugar a misa cantada pola agrupación coral A Raíña de Cedeira seguida de procesión. A verbena estará amenizada este mércores polo grupo Tic-Tac.

O venres as actividades arrancarán ás cinco da tarde cun percorrido pola parroquia a cargo da banda de gaitas e percusión “Foula” e música nocturna coa orquestra Alabama e o grupo Jaque.

As festas chegarán ao seus remate o sábado con actividades relixiosas ás 12:00 horas na honra de San Roque e procesión posterior co grupo de gaitas “Asubíos de Porta Cedeira”.

A partir das seis da tarde haberá xogos para nenos e nenas no recinto da festas e pola noite pecharán as celebracións os grupos M5 Galicia e Distrito 7.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará