Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de augas temen un setembro de restricións ante a falta de chuvias

comuneiros quintela

A ausencia de precipitacións que está a ser unha constante nos últimos meses e as avarías propias dunha rede anticuada son as dúas poblemáticas ás que se enfrontan no día a día as Comunidadesde augas. A esta situación hai que engadir comportamentos insolidarios por parte dalgúns usuarios que empregan a auga para encher piscinas, lavar o coche ou regar cando nesta situación debería ser usada exclusivamente para o consumo doméstico. Daniel Amoedo, da comunidade de augas de Quintela fai un chamamento a responsabilidade e a colaboración da veciñanza para  garantir a continuidade das traídas comunais.

Amoedo insiste na necesidade de promover entre a veciñanza un consumo responsable porque a situación “non pinta ben” de cara ás vindeiras semanas e incluso meses. Logo dun verán marcado polas altas temperaturas e a ausencia absoluta de precipitacións, os mananciais están acusando a falta de auga e iso podería derivar en cortes no subministro. Temen especialmente o que poida pasar o vindeiro mes de setembro.

Outra das problemáticas que afrontan estas traídas comunais é a falta de implicación da veciñanza. No caso de Quintela a directiva está conformada por tan só 5 persoas cando por estatutos deberían ser dez as que realizaran esta labor que supón un esforzo importante: xestionar avarías, controlar o estado dos mananciais, remitir avisos aos usuarios e usuarias, solicitar subvencións… Por ese motivo instan á veciñanza a que se impliquen na xestión dun ben común que é patrimonio pero tamén responsabilidade de todos.

Mentres noutras parroquias se fai unha lectura mensual dos contadores, en Quintela a falta de mans impide realizar este traballo. Amoedo fai un chamamento á veciñanza tamén para que se faga un “consumo responsable da auga, que sexa meramente doméstico e axustado á situación actual”. Critica comportamentos insolidarios de quen emprega este ben escaso en lavar o coche, pasar a kárcher ou encher piscinas “usos completamente prescindibles na situación actual”. 

Amoedo lamenta tamén os custes que teñen que enfrontar para responder ás avarías que padece a rede de distribución o que os obrigou a incrementar a cota anual que achegan os comuneiros. Pasouse dos 50 euros aos 80 e non descartan incrementar ese apgo aos cen euros por vivienda. Agradecen tamén as subvencións das administracións tanto o Concello como a deputación.

Actualmente e ata o 12 de setembro o Concello de Redondela ten aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais a estas entidades para as que hai destinada unha partida de 30.000 euros. Cada comunidade pode obter ata un máximo de 3.000 euros. As bases pódense consultar na páxina web do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará