Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exaltación da cultura mariñeira na II edición da Recalada en Arcade

recalada

O Peirao de Arcade acolleu este sábado a programación enmarcada dentro da II edición de “A Recalada,  encontro do mar”, unha cita promocionada polo Concello de Soutoamior que busca valorizar o patrimonio marítimo galego facendo fincapé na relación que ten Arcade co mar.

A tradición mariñeira do concello de Soutomaior vén de lonxe, séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que, aínda que algo modificado, chega ata os nosos días, e que se pode apreciar, a través da gastronomía da zona e da vinculación que a economía local ten co mar.

Durante a xornada do pasado sábado desenvolvéronse no Peirao de Arcade actividades moi variadas relacionadas co mar, o turismo sostible, as artes de pesca, a artesanía local e a gastronomía en colaboración con entidades como Culturmar, o Club náutico de Arcade, a Confraría de Arcade, a asociación de mariscadoras, a Asociación de baile e a música tradicional galega (AGG)ou a de colectivos como os de artesanía e comercio local, entre outros.

Unha cita que contou co izado das velas, cunha feira de artesanía local, cunha mostra de instrumentos tradicionais, coa zona gastro- Navy Bar, con obradoiros para toda a familia vencellados co baile, música e tradición, coa sesión vermú a cargo de “Abeleiras de Alxán” e “Chispas do Lérez”, con visitas guiadas ás embarcacións e co concerto a noitiña dos “Carunchos” e a celebración dun fin de festa por todo o alto cunha “Fiada”.

Ao longo da xornada pasaron polo peirao centros de persoas, podendo tan só as que se inscribiran previamente gozar coa navegación e degustación a bordo do “Balardo de Santa Cruz” e os paseos en caiac.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará