Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O filme San Simón de Miguel Ángel Delgado estrearase no Festival de San Sebastián

san simón

A película narra a historia dos presos que pasaron por San Simón durante os anos nos que se converteu nun campo de concentración, penal que se fundou na illa de Redondela nos primeiros días da sublevación militar. Unha metáfora do que pretendía crear o fascismo: unha inmensa prisión. Case seis mil persoas de toda España pasaron por ela durante os sete anos que estivo en funcionamento. A película, baixo a dirección de Miguel Angel Delgado conta tamén coa presenza de actores redondeláns como Tatán ou Andrés Giráldez.

Tras máis de 4 anos de investigación sobre a historia que rodea San Simón, o guión deste filme recolle o destino das persoas que foron represaliados ao longo dos case sete anos nos que a illa funcionou como colonia penitenciaria. A historia foi obxecto dunha búsqueda levada a cabo, en gran medida, grazas aos traballos previos de investigadores como Antonio Caeiro, Gonzalo Amoedo e o equipo do grupo de investigación Histagra da USC, que colaborou no conxunto do proxecto.

Miguel Ángel Delgado fálanos do argumento da película

“A historia dos campos non supón unicamente unha crónica negra, tamén nos obrigan a preguntarnos sobre a vixencia de conceptos como a democracia, a dignidade, a liberdade ou os dereitos humanos”, indica Miguel Ángel Delgado, o director do filme quen insiste en que esta historia busca contar o que aconteceu en San Simón con toda a súa complexidade, tamén afondar en como se constrúe a memoria e render unha homenaxe a todos os represaliados.

A película rodouse na localización orixinal onde tiveron lugar os acontecementos na illa: os edificios, os peiraos, a ponte de pedra que une ambos os illotes, a chaira da illa, os areais que a rodean. Para filmar os interiores a produción tivo que trasladarse a localizacións fóra da illa como a ETEA de Vigo, o Convento de Santa Clara de Pontevedra ou A Cova da Moura no concello de Cenlle.

O elenco de San Simón mestura actores e actrices profesionais con actores e actrices sen experiencia previa. Entre eles están Flako Estévez, Alexandro Bouzó, Guillermo Queiro, Ana Fontenla, Mª del Carmen Jorge, Manuel F. Landeiro, Lucía Amarelle, Javier Varela, Tatán, Darío Fernández ou Andrés Giráldez. Entre os membros do equipo artístico e técnico destaca a participación de fillos e netos dos presos de San Simón.

Da participación de veciños e veciñas de Redondela así como dos actores integrantes da compañía de títeres taxarina falábanos o director da película.

Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” amos a súa satifcacción por estar presetne nesta película “que tanta vinculación ten coa súa historia familiar”

No equipo técnico, Miguel A. Delgado (guionista e director), Andrea Vázquez (produción executiva), Aleix Castellón e Analía G. Alonso (directores de produción), Lucía C. Pan (directora de fotografía), Inés Rodríguez (directora de arte), Uxia Vaello (deseño de vestiario) e Daniel Fernández (son directo).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará