A cantante actuará na Igrexa de Santa María de Pazos ás 21:00 horas do sábado 16. A actuación está enmarcado dentro do programa +Música da Deputación de Pontevedra que busca colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas
Nada no Porto (Portugal) e afincada en Galicia, María do Ceo leva máis de 25 anos de carreira musical e 17 discos no mercado sendo o máis recente “Galicia nai”, un traballo comprometido coa lingua galega e coa violencia de xénero. No escenario de Pazos de Borbén a cantante interpretará poesías de autores galegos como Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Armando González, Carvalho Calero, Xosé Velo, Manuel María ou Ramón Cabanillas.
Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade en concellos de menos de 50.000 habitantes.









