Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polo peche da Axencia LOA temen non recuperar a totalidade dos seus cartos

viaxes loa

O peche da axencia de viaxes LOA ten deixado un regueiro de queixas e denuncias en Redondela. Veciños e veciñas supostamente estafados que adiantaron os cartos para abonar billetes de avión, estancias en hoteis ou viaxes organizadas. Entre os afectados atopamos dende a familia que quedou sen viaxe a Canarias, avións a Montevideo ou estancias en Turquia. Ducias de prexudicados que non descartan constituir unha asociación para tentar recuperar o que pagaron unha vez que xa quedaron sen as tan esperadas e frustradas vacacións.

As cantidades que adebeda a Axencias de viaxes LOA aos seus clientes varían moito dun caso ao outro, pero algúns veciños documentan pagos por valor de máis de cinco mil euros. É o caso de Santiago García quen tiña contatada unha viaxe a Tenerife para cinco persoas. Tamén outro veciño, que prefire quedar no anonimato, explica que a súa nai ía ir cun grupo de amigas e que a cantidade que entragaron ascende a seis mil euros. Temen que a estafa supere con moito os 36.000 euros que se barallan dende algúns medios polo que tamén apuntan que recuperar eses cartos “vai ser complicado”.

Hai aproximadamente unha semana facíase pública a situación desta axencia de viaxes en Redondela que, por problemas económicos, deixaba sen vacacións a moitos dos seus clientes que tiñan contratado unha viaxe para estes meses de verán e que quedaron tamén sen os cartos que adiantaran en concepto de pago.

Un dos afectados explica que pagaron a viaxe con dous meses de antelación e que se atoparon co problema catro días antes de coller o avión “cando fomos á axencia a recoller os billetes comezou a darnos largas e finalmente díxonos que tiña problemas con facenda, que lle bloquearan as contas e que non puido xestionar a viaxe que tiñamos contratada”. Pediunos uns días de marxe para resolver os seus problemas económicos e así poder devolvernos os cartos.

Santiago Álvarez, afectado polo peche de Loa

Pouco despois xa recibiron un comunicado no que o propietario de LOA, Luis Otero recoñece a débeda que mantén con eles e alega “causa de forza maior” para suspender a viaxe. No mesmo comunicado que lles chegou por wassap comprométese a restituír o abonado no prazo máximo de seis meses.

Con todo, Santiago non ten moita esperanza en recuperar esa cantidade malia o cal presentaron a correspondente denuncia na Policía. Supoñen que acabará celebrándose un xuízo por estafa ao que se irán sumando novos afectados que aínda non deron o paso.

O fillo doutra das persoas afectadas nos explica que Otero leva meses “dándonos largas” e poñendo diferentes escusas para ir pospoñendo viaxes que tiñan contratadas e que eran adiadas alegando “escusas peregrinas”. A situación empeorou cando días antes de marchar a Turquía comunicoulle a súa nai que a viaxe non se ía realizar por problemas cllimatolóxicas.

Ante a falta de credibilidade achegáronse á oficina da axencia para reclamar que lles devolveran os cartos “nese momento deunos pena e pediunos que lle deramos un día máis para darnos o diñeiro”. Despois dese día “xa non nos volveu coller o teléfono e ten a persiana da axencia baixada”.

Ante esta situación presentaron unha denuncia na Policía e non descartan constituírse en asociación de afectados para loitar conxuntamente “as viaxes xa están perdidas e a sensación de sentirnos estafados tamén, agora o único que nos queda é pelexar para que nos restitúan os cartos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará