Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco deportistas de Redondela escalarán o Mulhacén

mulhacén

n grupo de cinco veciños e veciñas de Redondela emprenderán esta semana unha expedición ao Mulhacén, en Granada, o pico máis alto da península. Son José Manuel Alonso, Nemesio Vázquez, Laura Reboreda, Xurxo Alonso e Marisol Piñeiro quen tentarán facer cumio nunha montaña que se atopa a 3.479 metros sobre o nivel do mar.

Os deportistas recibiron de mans da alcaldesa Digna Rivas, unha bandeira do Concello de Redondela que ondeará no teito da península no caso de que logren superar o reto.

A expedición partirá para Granada o mércores día 14, para aclimatarse e decidir a ruta que tomarán para facer o ascenso “en función das condicións meteorolóxicas”. Teñen previsto subir á montaña o día 16. Malia que todos os participantes teñen experiencia no mundo do montañismo, facendo cumio en Pena Trevinca ou no coñecido como “o quilómetro vertical do Caurel”, este ascenso ao Mulhacén vai ser a montaña máis alta para todos eles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará