Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tardeo Solidario a favor de Cáritas no Pazo de Santa Teresa

tardeo solidario

A Fundación Conchita Regojo organiza o sábado 16 de agosto a segunda edición do “tardeo” solidario que se vai desenvolver no Pazo de Santa Teresa con actuacións da Rondalla de Redondela e un Dj que amenizará a xornada ata a madrugada. A cita arrancará ás 19:30 horas e as entradas poden retirarse no local Café da Vila.

A actividade busca recadar fondos co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que máis o necesitan polo que os beneficios será entregados a asociación Cáritas Redondela. As entradas teñen un custe de 20€ e poden adquirirse no establecemento Café da Vila. As persoas menores de 15 anos pagarán dez euros.

A entrada da dereito a gozar dun aperitivo e dúas consumicións. Ademais todos os asistentes entrará nun sorteo de agasallos e haberá unha rifa benéfica na que colaboran establecementos comerciais e de hostalaría de Redondela.

Aquelas persoas que non poidan acudir pero queiran facer unha doazón teñen a súa disposición o número de conta da Fundación Conchita Regojo ES51 0128 0200 9901 0015 5976.

Con este evento benéfico colaboran tamén Estrella Galicia, Clavo Food Factory e Dominio de Razamonde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará