Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chocolate Sexy, Broken Peach e o Grupo América de Vigo nas festas de Quintela

WhatsApp Image 2025-08-07 at 14.13.20 (1)

Foto da banda redondelá Chocolate Sexy

As Festas de Quintela, que arrancaron onte e se prolongan durante a fin de semana, os días 8 e 9, para culminar o luns 10 de agosto, prometen transformar esta localidade nun vibrante epicentro de diversión e tradición. Organizadas pola Comisión de Festas e os Tradicionais de Quintela, coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra, as celebracións darán comezo hoxe xoves cunha emotiva homenaxe a San Mamede.

O programa abriuse o xoves 7 de agosto cunha misa ás 20:00 horas na honra de San Mamede, cantada pola coral “A Raíña de Cedeira” e acompañada pola Agrupación Musical de Redondela. Hoxe venres 8, baixo o lema “Venres Eléctrico”, o recinto da Casa da Cultura acollerá a partir das 20:00 horas unha noite de música con Chocolate Sexy, Broken Peach e o Grupo América de Vigo, complementada cunha churrascada e bocatas.

O sábado 9, tras a misa das 12:00 horas en honra de San Antón e a posterior procesión, a noite no recinto da Casa da Cultura vibrará co son do Trío La Noche do Grove e a Orquestra La Fórmula, con opcións gastronómicas como chourizo, criopán e moito máis. O domingo 10, a festa rematará cunha misa ás 12:30 horas en honra de San Mamede, cantada pola coral da S.L.C. de Reboreda e acompañada pola charanga Charandonga, que incluirá unha actuación infantil de Pako Pakolas ás 20:00 horas.

A novena, que comezou o 31 de xullo, rematará hoxe 8 de agosto. Unha fin de semana para gozar da cultura e a música en Quintela.

Chocolate Sexy

Chocolate Sexy, unha banda local formada por un grupo de amigos apaixonados polo rock, trae ao escenario versións de bandas icónicas como Leño, Rosendo, Barricada, Reincidentes, Platero y Tú e Extremoduro. Comezaron tocando de xeito informal, pero nos últimos anos profesionalizaron os seus ensaios, actuando en locais de Redondela, no Berete Rock e na Festa da Coca de 2024, onde a súa enerxía foi tal que, segundo contan, “queimaron un transformador e deixaron Redondela sen electricidade”. Ademais, dous dos seus membros, Emilio Argibay e Félix Gracía, forman parte doutras bandas: Emilio en Charlie’s Devil e Félix en Perfectos Extraños, un grupo tributo a Deep Purple.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará