Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tirán rompe a racha de vitorias de Chapela na Liga A, mentres que na feminina seguen dominando as beretes

527005594_1310675564399047_7225890106930480859_n

Fotos da Liga LGT

Na VIII Bandeira Cesantes Concello de Redondela, a S.D. Tirán-Pereira logrou a súa primeira vitoria na liga A de traiñeiras, rompendo o dominio de Chapela-Wofco. Os moañeses fixéronse co triunfo cunha regata impecable, sacando 15 segundos de vantaxe a Chapela na meta e sendo o único equipo en baixar dos 20 segundos. A estratexia perfecta de Tirán desde a segunda virada permitiulles liderar con claridade, mentres Chapela-Wofco ficou en segundo posto, Samertolaméu-Oversea terceiro e Castropol cuarto. Bueu-Simei destacou ao gañar a segunda manga, superando a Castropol e asegurando a cuarta posición na xeral, mentres Mugardos foi oitavo tras vencer a primeira serie.

Na categoría feminina, Chapela-Wofco proclamouse campioa da III Bandeira Feminina Cesantes con gran superioridade. Aínda que Tirán-Pereira partía como rival forte, unha mala virada fixo que perdesen terreo, quedando terceiras na súa manga tras Amegrove e superando a Mecos. Chapela liderou desde o inicio, marcando unha vantaxe de 8 segundos na primeira recta e consolidando o seu dominio. A pesar do esforzo de Tirán por remontar, a diferenza foi insalvable, e Chapela-Wofco afiánzase na cabeza, deixando a Tirán nun complicado cuarto posto na loita polo título.

A regata de Cesantes supuxo un punto de inflexión para Tirán-Pereira na Liga A, onde rompeu a racha de Chapela, pero na Liga Feminina foi Chapela quen recuperou o control tras unha regata menos favorable en Ferrol. A consistencia de Chapela na xeral mantense en ambas as categorías, pero Tirán-Pereira demostra ser un rival cada vez máis forte, especialmente na Liga A. A evolución de Bueu-Simei e a competitividade de Amegrove na Liga Feminina son tamén aspectos destacados. A próxima regata en Narón será clave para ver se estas tendencias se consolidan.

Na clasificación xeral Chapela segue dominando

A clasificación xeral da Liga A masculina mantén en primeiro lugar o CR Chapela-Wofco con 76 puntos seguido de preto pola SD Tirán-Pereira con 68 puntos e en terceiro a SD Samertolameu con 66 puntos. Pechan a táboa o CR Cabo da Cruz con 11 puntos e o CCD Cesantes-Rodavigo con 10 puntos.

A clasificación xeral da Liga Feminina mantén en primeiro lugar está o CR Chapela-Wofco con 77 puntos seguido de preto pola SD Tirán-Pereira con 72 puntos e en terceiro lugar o Amegrove CR con 57 puntos.  Logo segue o CR Cabo da Cruz suma 52 puntos na cuarta posición,  a continuación o CR Mecos acumula 49 puntos mentres que o CR Salgado-Perillo ten 44 puntos en sexto lugar,  a continuación A Cabana Ferrol conta con 36 puntos e Cesantes-Bueu con 26 puntos en oitavo posto. Pechan a táboa o CR Rianxo con 18 puntos e o CM Castropol con 9 puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará