Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

BNG de Pazos denuncia a parálise do goberno de Luciano Otero

Xurxo Pardo

Foto de Xurxo Pardo

O BNG de Pazos de Borbén fai un balance crítico dos dous anos de mandato de Luciano Otero, denunciando a parálise, a ineficacia e o illamento político do seu goberno. O voceiro nacionalista, Xurxo Pardo Besadío, sinala que o rexedor non cumpriu as promesas electorais, deixando sen avanzar proxectos crave como o PXOM ou o polígono de Amoedo, mentres se descoidan necesidades básicas como o saneamento e o mantemento das infraestruturas rurais. Critican tamén a falta de diálogo e transparencia de Otero, acusándoo de liderar un goberno personalista que rexeita as propostas da oposición e as demandas da veciñanza, o que, segundo o BNG, deteriorou a calidade de vida no Concello.

O BNG propón un cambio de rumbo para Pazos de Borbén de cara a 2027, cun proxecto centrado no diálogo, a planificación e o desenvolvemento sostible. Xurxo Pardo Besadío destaca que “o seu partido busca ofrecer unha opción de goberno coherente, con ideas claras e un equipo comprometido para impulsar un Concello que responda ás necesidades de todos os veciños e veciñas”, en contraste cun goberno que consideran falto de iniciativa e dirección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará