Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela reduce a 25 días o período medio de pago a provedores

Digna Rivas. Alcaldesa

O Concello de Redondela alcanzou no segundo trimestre de 2025 un período medio de pago a provedores de 25 días, un dato que reflicte a solvencia financeira da entidade e mellora os rexistros do trimestre anterior, mantendo a tendencia positiva de 2024. Este indicador, “que se sitúa por baixo do límite legal de 30 días establecido pola Lei de Estabilidade Orzamentaria, evidencia a xestión eficaz e rigorosa do Goberno municipal”, segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas.

A rexedora salientou o traballo dos servizos técnicos municipais e a relevancia deste dato, que demostra unhas contas saneadas e un cumprimento puntual das obrigas coas empresas que prestan servizos ao Concello, na súa maioría pemes e autónomos.

Ademais de cumprir coa lei, o pagamento áxil das facturas ten un impacto positivo na economía local, xa que permite aos provedores cobrar a tempo, manter os seus negocios e pagar aos seus empregados, contribuíndo así á creación e conservación de postos de traballo. Rivas tamén destacou que “a liquidación do orzamento de 2024 foi moi favorable, consolidando a estabilidade financeira do Concello”. Este resultado, segundo a alcaldesa, “reflicte un traballo serio que garante unha xestión responsable e fortalece a confianza nas contas municipais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará