Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convértese nun gran circo vintage para a Shopping Night

WhatsApp Image 2025-07-30 at 17.58.41 (1)

Redondela prepárase para unha noite máxica coa súa Shopping Night, que se celebrará este venres, 1 de agosto, baixo a fascinante temática do Gran Circo Vintage. Esta velada, que fusiona comercio, cultura e espectáculo, coincide co XXVI Festival de Artistas de Rúa, ofrecendo unha experiencia única para gozar do comercio local nun ambiente festivo e familiar que se estenderá ata a medianoite.

Máis de 50 establecementos do Centro Comercial Aberto abrirán as súas portas con horarios especiais, ofrecendo descontos, presentacións de novos produtos e sorteos. Os visitantes poderán recoller unha tarxeta recompensa nas tendas participantes, que, ao completala con selos de distintas compras, permitirá acceder a un sorteo dun vale de compra. As inscricións para o sorteo poden realizarse ata o 5 de agosto a través dun sistema sinxelo con código QR, e os gañadores serán anunciados nas redes sociais e contactados directamente. Máis información sobre ofertas e sorteos en https://participa.empresasredondela.gal/ .

A noite estará dinamizada por diversos formatos comerciais: as Tendas Anfitrioas, que acollen negocios menos visibles para crear sinerxías; as Tendas Efémeras, catro postos na rúa Ribeira onde marcas emerxentes de Chapela interactúan co público; e o Formato Mixto, no que o comercio tradicional amplía os seus escaparates ao exterior con rebaixas de fin de tempada e lanzamentos exclusivos no interior.

A rúa converterase nun escenario ambulante con sete localizacións cheas de circo, malabares, maxia, música e humor, pensadas para todas as idades. Como broche final, a Praza da Casa da Torre acollerá o concerto do recoñecido cantautor Pancho Varona, nunha noite onde comercio e cultura se fusionan.

Julia Alonso, da Asociación de Empresarios de Redondela, destaca a esencia do evento: “A Shopping Night é unha oportunidade para reconectar coas historias e a proximidade que ofrece o comercio local. A temática do circo vintage, inspirada nos circos manuais e románticos doutras épocas, transforma a vila nun gran escenario. Dende as 18 horas, a Alameda e as rúas encheranse de actividades lúdicas para gozar en familia, combinando as actuacións dos artistas de rúa coas tendas efémeras, que achegan proxectos menos céntricos ao corazón da vila”.

A decoración, con motivos de raias brancas e vermellas que evocan as carpas clásicas, estará presente nos escaparates, no etiquetado e nas promocións. “Algúns comercios ofrecerán incluso palomitas, creando unha estética atrevida e festiva. A tarxeta recompensa é unha novidade que anima a comprar en distintas tendas, selando cada transacción para optar ao sorteo. É unha forma lúdica de conectar co comercio local nun ambiente fresco e nocturno que favorece o movemento de xente”, explica Alonso.

A organización recomenda gozar do frescor da noite e mergullarse nas rúas de Redondela para descubrir os seus pequenos tesouros comerciais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará