Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oficina móbil da Xunta chega a Soutomaior para asesorar persoas emigrantes retornadas

524932881_1178928217604933_7485684607889755397_n

Soutomaior abre as portas ao retorno. A Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas da Xunta de Galicia ofrece axuda integral aos emigrantes este xoves, 31 de xullo, no Peirao de Arcade en horario de 09:00 horas a 14:00 horas. Este é un servizo clave para facilitar a reintegración de quen regresa a Galicia tras vivir no estranxeiro.

A Oficina Móbil ofrecerá asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, incluíndo axudas económicas e recursos para a adaptación social e laboral. Tamén proporcionará asistencia en trámites administrativos, como a obtención do certificado de emigrante retornado, rexistro en servizos sociais ou xestión de documentos oficiais. No ámbito laboral, haberá orientación para a busca de emprego, información sobre o mercado laboral galego e apoio na validación de títulos académicos obtidos no exterior. Ademais, as persoas retornadas poderán informarse sobre opcións de vivenda, como aluguer ou compra, e sobre o sistema educativo, para facilitar a integración de familias con nenos en idade escolar.

Este servizo móbil busca achegar solucións accesibles, resolver dúbidas e axilizar trámites para garantir unha incorporación fluída á comunidade galega. Para máis información está disponible o teléfono 900 102 308 e no enderezo electrónico www.emigracion.xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará