Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reprogramadas as verbenas de Cesantes: as festas da Virxe do Carme xa teñen novas datas

105342475_103779044727223_3273412470370832100_n

Foto de arquivo, ano 2020

A Comisión de Festas Virxe do Carme de Cesantes comunica que as festas en honra á Virxe do Carme, inicialmente suspendidas debido ás inclemencias meteorolóxicas, terán lugar os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2025 na praia da Punta, baixo o lema “Grandes Cesantes, Grandes Festas”.  Esta reprogramación foi posible, segundo explican dende a organización, “grazas á colaboración das orquestras Assia e Kubo, xunto con outras formacións musicais que reduciron significativamente os seus cachés para apoiar á comisión, así como polo respaldo do Concello de Redondela e de patrocinadores locais”.

Esta celebración ten unha relevancia especial nas localidades costeiras, onde a devoción á Virxe do Carme é profundamente sentida polos homes e mulleres do mar.

O programa festivo finalmente inclúe tres noites de grandes verbenas a partir das 23:00 horas:

  • 31 de xullo: O Grupo Assia abrirá as festas cunha actuación chea de enerxía.
  • 1 de agosto: As formacións Luces de Bohemia e o Disco Móvil Chocolate comezana  verbena a partir das 22:00 horas.
  • 2 de agosto: As orquestras Alkar e Kubo pecharán as celebracións con espectáculo e ritmo a partir das 22:00 horas.

A Comisión de Festas Virxe do Carme agradece o esforzo dos organizadores, o apoio dos patrocinadores e a participación de todos os veciños e visitantes que fan posible esta celebración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará