Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco alcoholemias positivas e un detido en Chapela

524690548_1072238691711125_3829365047319826817_n

Na madrugadado pasado domingo, axentes da Policía Local de Redondela, en colaboración coa Policía Nacional, levaron a cabo un dispositivo preventivo de control de alcoholemia, drogas e seguridade cidadá na zona de Chapela. O operativo saldouse con cinco condutores sancionados por dar positivo en alcoholemia e a detención dun home cunha orde de busca pendente por parte das autoridades xudiciais.

Segundo informou a Policía Local a través das súas redes sociais, tres dos condutores enfrontaranse a sancións administrativas polos resultados obtidos nas probas de alcoholemia. Pola súa banda, outros dous foron investigados por presuntos delitos contra a seguridade viaria, ao superaren os 0,60 mg/l de alcol en aire espirado, un límite que implica consecuencias penais.

Ademais, durante o dispositivo, os axentes procederon á detención dun varón que estaba sendo buscado pola xustiza, reforzando así as accións de seguridade cidadá na localidade. Este operativo enmárcase nas accións conxuntas das forzas de seguridade para promover a seguridade viaria e a prevención de delitos en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará