Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baile e música tradicional en Reboreda

reboreda carballo

O grupo folclórico O Carballo das Cen Pólas organiza esta fin de semana dúas xornadas de música e baile tradicional enmarcadas na XX edición do seu festival internacional. Neste edición contarán o sábado coas actuación da Asociación Coros e danzas “El trillo” de Albacete e o grupo Os Amigos de Longos Vales chegado dende a localidade portuguesa de Monçao. Actuarán no torreiro da festa de Reboreda o sábado 26 a partir das 21:00 horas nunha tarde na que tamén se subirá ao escenario a agrupación anfitrioa.

Unha actividade de intercambio que serve aos compoñentes destes grupos de baile tradicional a coñecer outras localidades da península e espallar tamén a nosa cultura tradicional por outros territorios. De feito, os grupos visitantes aproveitarán tamén a súa estancia en Redondela para coñecer o noso concello.

Dende a Asociación convidan a veciñanza a participar dunha actividade que organizan ano tras ano grazas á colaboración dos máis de 40 integrantes que conforman a Asociación, cativos e adultos que van dende os 5 ata os 80 anos o que da conta. Un colectivo que realiza un traballo intenso a prol da difusión da música e a cultura tradicional malia as dificultades de cara a atraer novos  compoñentes

A celebración continuará o domingo con actuación a partir das 12:00 horas e cargo do alumnado das escolas do Carballo das Cen Pólas e dos grupos de pandereteiras de Castromao de Mondariz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará