Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos esixe a reapertura da piscina de Nespereira

piscinanespereira

Os nacionalistas entenden que o peche deste servizo a estas alturas do ano é un exemplo máis da “nefasta xestión do goberno de Luciano Otero”. Presentarán unha moción no pleno municipal para denunciar o que cualifican de “abandono xeralizado dos servizos municipais” reclamando a apertura inmediata da piscina, a posta en marcha da pista de pádel e un plan urxente de limpeza de camiños.

Segundo sinalou o voceiro nacionalista, Xurxo Pardo Besadío, “a situación que vive Pazos de Borbén é insostible: un goberno sen planificación, sen iniciativa, sen respostas e completamente entregado á propaganda”. Os nacionalistas destacan que a estas alturas do verán a piscina municipal de Nespereira segue pechada, con escusas pouco cribles por parte do goberno. “Falan dunha avaría na depuradora, que durante meses foron incapaces de solventar. Un exemplo máis da súa incapacidade para xestionar”.

Con todo, apuntan que a piscina non é o único servizo afectado pola abandono do executivo local. A pista de pádel municipal continúa inutilizada por carecer dun sistema de acceso axeitado, moitos camiños aínda non foron desbrozados dificultando o tránsito e o acceso ás vivendas e o tractor e a cisterna municipais, adquiridos para prestar servizos como o baleirado de fosas sépticas, non están a ser utilizados para ese fin.

O BNG tamén criticou con dureza a organización do campamento de verán, “feito tarde, mal e arrastro, deixando a ANPA de lado, o que reduciu o número de prazas e empeorou a calidade do servizo”, segundo apuntou o seu voceiro.

Na moción presentada, o BNG solicita a apertura inmediata da piscina municipal, a posta en marcha da pista de pádel, un plan urxente de limpeza de camiños, a activación do servizo municipal de baleirado de fosas sépticas e a elaboración dun plan de conciliación estival con participación da comunidade educativa. Ademais, reclaman que o alcalde de explicacións no pleno do mes de xullo “pola súa xestión desastrosa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará