Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda rende homenaxe a Castelao co gallo do Día de Galicia

cultural

A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade Cultural de Reboreda organizan este xoves 24 de xullo un acto homenaxe co gallo do Día Nacional de Galicia e o Ano Castelao.  Proxectarase o vídeo “Alba de Gloria” e entregaráselles aos asistentes este texto de Castelao, unha das obras máis simbólicas e emotivos do político galego pronunciada en Bos Aires o 25 de xullo de 1948 coincidindo coa celebración do Día de Galicia no que invoca as figuras máis ilustres da historia e cultura galegas para reivindicar a identidade nacional de Galicia.

Durante o acto, que se celebra este xoves ás 20:00 horas no salón da Sociedade Cultural, intervirá a directora do colexio de Reboreda, Mª Teresa Fernández e actuará a Rondalla de Redondela. Ao remate convidarase a un viño aos asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará