O museo de Rante recupera este sábado 26 de xullo as visitas teatralizadas que permiten coñecer este espazo de interpretación da Batalla dun xeito diferente coa participación do Grupo de Teatro da Asociación Deportiva e Cultural de Rande. A visita será en horario de tarde, con dúas quendas, ás 16:30 e ás 18.00 h. As persoas interesadas en participar nesta actividade de balde precisa de reserva previa no mail museomeirande@redondela.gal ou no teléfono 986 45 88 91.
As visitas teatralizadas repetiranse o 30 de agosto e ofrecen a posibilidade de coñecer este patrimonio dun xeito lúdico, o que as converte nunha alternativa de ocio ideal para público de todas as idades.
O Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, o Meirande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só histórica, senón tamén sociocultural e paisaxística da zona.










