Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito Chapela organiza o I Torneo Memorial Julio Amoedo

campito chapela

O torneo reunirá a todas as categorías dende biberón ata xuvenil e desenvolverase na primeira semana de agosto, dende o martes 5 ata o domingo 10, na modalidade de 4×4. Dende o Club quixeron dedicar esta cita deportiva a Julio Amoedo, falecido o pasado ano e moi vinculado ao Campito, onde exerceu como adestrador durante seis anos “desvivíndose sempre polos rapaces”.

O presidente do Campito, Jose Cardoso, lembraba a figura do técnico, falecido prematuramente con tan só 45 anos o ano pasado, nunha tempada na que exercía de técnico tanto no Club deportivo Choco como no Pazos FS.

Os xogadores das categorías biberón ata cadete tan só terán que abonar 4 euros en concepto de seguro mentres que os xogadores de xuvenís terán que achegar 10 euros (catro pro seguro e seis para o premio económico que percibirán os equipos gañadores).

Un torneo de “pretemporada” que busca que os nenos xoguen ao aire libre, retomen o deporte e gozen dun campionato que se desenvolverá a partir das 18:30 horas dende o martes ata o venres mentres que na fin de semana haberá partidos de mañá e tarde.

torneo de fútbol sala Vila do Berete

Por outra banda, hoxe remata o prazo para inscribirse no torneo de fútbol sala Vila do Berete que celebra a súa terceira edición os días 25, 26 e 27 de xullo con partidos no Pavillón Municipal Manuel González Soto. 

A inscrición ten un custo de 120 euros máis o seguro para os equipos sénior masculino. Repartirán tres premios monetarios: 1500 euros para  gañador, 750 euros para o subcampión e 150 para o terceiro clasificado, cos seus correspondentes trofeos. Ademais teñen preparados tamén trofeos para o cuarto clasificado e un especial para o mellor porteiro. Para mais información poñen a disposición o teléfono 640 50 46 43 e 607347628 e pode seguirse a evolución do evento a través da conta de Instagram @torneoviladoberete.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará